sabato 31 marzo 2012
Novo espacio liberado en Marin
Recebemos no noso correo a noticia dun novo local okupado na Galiza, neste caso na localidade de Marín. En leer máis damos conta do seu "Manifesto de Okupación"
MANIFESTO DE OKUPACIÓN
Este manifesto pretende ser a voz de todolxs perxudicadxs por un reparto inxusto. Poñemos cara a todolxs que se reparten as sobras dxs que van sobradxs. Somos todolxs que non temos un fogar nun pobo cheo de casas condeadas o abandono pola soberbia, non é por diversión... ainda que as veces tamen nos divirtamos, nin e por provocar... Xa sabemos quenes se darán por provocadxs, é a necesidade vital a que nos leva a okupar. Nun mundo baseado na rentabilidade non temos cabida, por iso buscamos e liberamos este espazo totalmente esquecido e condeado a caerse en anacos pola indiferencia dos seus donos, buscamos abrir espazos para debatir, espazos culturais e informativos, creamos lugares para o pobo, onde o pobo poda realizarse a si mesmo, compartindo, respetando e confiando, de igual a igual, sen rendir preitesia a nada nin a ninguén.
Os de sempre tratarán de facer o seu traballo para botarnos, para que todo siga igual, elxs enriba e nos abaixo. Manipulando a realidade da maneira que máis lles conveña. Invitamosvos a vir e participar nas asembleas para que quites as túas propias conclusións
http://abordaxerevista.blogspot.com/2012/03/novo-espacio-liberado-en-marin.html
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
Nessun commento:
Posta un commento