mercoledì 2 novembre 2011

PonteDocu: "Onde podes mirar o que non nos deixan ver"


Chegounos esta interesante actividade do Colectivo Lume Negro de Ponteareas:

A partir do mes de novembro imos poñer en marcha unha nova iniciativa do Ateneo, Ponte Docu, que esperamos vos pareza interesante e vos animedes a participar con nós. A idea é proxectar, tódolos primeiros xoves de mes, documentais que, en principio, por resultar politicamente incorrectos ou por tratar temáticas en certo modo incómodas, non será posible ver nos medios de comunicación máis habituais.

O lugar das proxeccións será no Enigma-Café Bar, na rúa Real, 27 de Ponteareas.

Os temas procuraremos que sexan variados e diversos; de feito, gustaríanos que todos participedes pero non só como público, senón achegando ideas sobre temas ou títulos de documentais que vos pareza interesente proxectar.

Podedes facernos chegar as vosas propostas a través do noso enderezo eléctronico.

Nesta primeira entrega de inverno os docus escollidos son os seguintes:

• 3 de novembro: "A Tornallom" que trata sobre a loita da hora valenciana;

• 1 de decembro: "El Norte", sobre un conflito eólico en Tehuantepec (Mexico).

• 5 de xaneiro: "O monte é noso", que fala sobre distintas loitas en Galicia para recuperar os montes comunais.

Máis información en lumenegro

Saúde

http://lumenegro.blogspot.com/search/label/PonteDocu

Nessun commento:

Posta un commento