domenica 25 settembre 2011

29-S nas rúas pola folga xeral


Mobilizacións en todo o estado o vindeiro xoves 29 coma primeiro paso na procura dunha folga xeral. Diversas organizacións sindicais de clase, reunidas o pasado 2 de setembro, acordaron marcar un calendario de mobilizacións e protestas que comeza este 29 de setembro, continuará a mediados de outubro e ten como obxectivo rematar nunha folga xeral baixo o lema “A loita está na rúa”. Na primeira reunión realizada en Madrid neste senso, onde os grandes sindicatos amarelos non foron convidados, participaron CGT, CNT, Solidaridad Obrera, SAS, Asamblea de Vallekas por la Huelga General e Comisión de Trabajo Huelga General – Sol.

Pese a que na maior parte do estado as mobilizacións as convocan de xeito conxunto polo menos as dúas grandes anarcosindicais (CNT e CGT), aquí en Galiza únicamente a CGT realizou un chamamento a saír ás rúas. As dúas convocatorias galegas das que polo de agora temos noticias son :

-A coruña, ás 12 do mediodía, que terá lugar ante a Delegación do Goberno en Galicia, sita na Praza de Ourense(aquí).
http://www.cgtgalicia.org/2011/09/concentracion-o-29s/

-Vigo, saída ás 20:00 dende a Praza de Fernando o católico (aquí).
http://www.cgtgalicia.org/2011/09/29-s-manifestacion-en-vigo/

Nova relacionada en alasbarricadas –aquí- e debate en directo –aquí-.
http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/18561

http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/09/29-s-nas-ruas-pola-folga-xeral.html

Nessun commento:

Posta un commento