mercoledì 23 marzo 2011
Orde de desaloxo decretada contra a Casa das Atochas La Coruna es
Ola,
xa está en curso (a partir de mañá mércores 23 de marzo) a medida cautelar (orde de desaloxo) decretada contra a Casa das Atochas. Nunha decisión, dende unha perspectiva legal, polémica -semella que o ideolóxico e o técnico van desligados-, a xuíza do Xulgado número 5 de instrucción da Coruña decidiu non ter en conta o escrito de Nulidade de actuación presentado, onde se amosa o abuso de dereito perpetrado pola mesma xuíza.
A Casa das Atochas, xurdida no ano 2008, hai agora máis de 3 anos, como un espazo aberto, un lugar liberado onde conviven acción e reflexión, capaz de enfrontarse con decisión aos valores e feitos que desembocaron na grave crise socioeconómica e política que hoxe domina a sociedade, está pois en perigo de desaparición.
Pese a todo, decidimos manter a actividade mañá mércores día 23 de marzo do xantador popular e a jam-session previstas, agora trasladadas ao exterior para facer visible a nova situación plantexada.
Estades tod@s convidados a este exercicio de desobediencia e celebración doutro tipo de sociedade.
Os nosos soños son os seus pesadelos
A Casa das Atochas non se desaloxa
un desalojo,10 okupaciones !!!!
www.casadasatochas.info
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
Nessun commento:
Posta un commento