giovedì 24 marzo 2011
Actividades na fin de semana @ CSO Casa das Atochas La Coruna es
Ola,
desde a Casa das Atochas, levamos tempo aguantando as miserias varias do poder. Desde Nadal, observamos como os intereses políticos e os mesianismos xudiciais, a manipulación informativa e o poder do capital levaron a unha operación de demonización dos movementos sociais e de todo acto contestatario.
Este feito fai obviar o importante do asunto, as razóns de peso polas que xurdiu un proxecto das características da Casa das Atochas: as prácticas de acoso (mobbing), presión e chantaxe por parte de inmobiliarias e empresas de especulación de capital; as políticas urbanísticas totalizadoras impostas, entre outros lugares, en Galiza; a vivenda, dereito ninguneado e convertido en instrumento de cobiza, cambalache e agravio de tantas vidas; a multitude de espazos abandonados; a imposibilidade doutras formas de vida nunha sociedade oficial banal e ridícula, con pretensións de homoxeneizar.
Por todo iso nós seguiremos coas nosas premisas: CELEBRACIÓN E DESOBEDIENCIA. A Casa das Atochas non se desaloxa.
Okupa e resiste.
Actividades previstas:
Data: xoves 24 de marzo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta
CEADOR VEGANO e proxección CICLO FEDERICO GARCÍA. Pase do filme LAULICO.
(Federico García, 1980). Perú, VOSE, 90′.
A primeira película rodada en quechua da Historia.
Máis información:
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/files/2011/02/folla-febreiro1.pdf
Data: venres 25 de marzo
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta
ás 19.30 horas PALESTRA DE MANUEL PINTEÑO SÁNCHEZ, que pasou 33 anos secuestrado nas cadeas do Estado Español. Pese a que entrou no cárcere por delitos contra a propiedade, nunca contra as persoas, a súa actitude combativa e libertaria levouno a acumular penas e sancións por motíns e tentativas de fuga (algunhas con éxito).
A cruel vinganza do estado non se debeu só á súa activa participación nas diversas loitas dos presos comúns, senon tamén a que foi un dos reclusos ós que os sevicios secretos ofrecéronlles beneficios penitenciarios a cambio de matar presos de ETA (o que coñeceuse como GAL carcelario). A súa negativa motivou que, a pesares de que en 1977 a condena máis grande que tiña era de 6 anos, non saíse ata o 2010, 33 anos na cadea (24 en total illamento) só interrumpidos polos 7 meses que estivo en fuga.
Máis información:
http://libertad-manuel.blogspot.com/
ás 21.30 horas CONCERTO dos grupos TRAZOS + LADESIDIA + ANDEN 7 en solidariedade coa Biblioteca anarquista A Ghavilla de Santiago.
No caso de que o desaloxo se faga efectivo a palestra de MANUEL PINTEÑO pasará a ter lugar no CSA ATREU!, Sam José, 2, rés-do-chao, Monte Alto.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
Nessun commento:
Posta un commento